33 Xornadas Nacionais AETG

Sitio oficial ds 33 Xornadas AETG Santiago de Compostela, 2020

Esta semana presentamos nas 32 Xornadas Nacionais AETG de Córdoba o proxecto para a próxima edición que se celebrará en Santiago de Compostela e estamos moi felices e ilusionados pola acollida que tivo o proxecto. Co lema «Trazando camiños», Santiago convértese, do 30 de abril ao 3 de maio de 2020, en sede das 33 Xornadas Nacionais de Terapia Gestalt, promovidas pola Asociación Española de Terapia Gestalt ( AETG) e organizadas por Guibor Escola de Psicoterapia Gestalt. O obxectivo da realización destas xornadas é fomentar o desenvolvemento e o coñecemento da Terapia Gestalt, así como as súas aplicacións actuais. Se queres recibir información sobre os asistentes, talleres, prazos de inscrición, etc. podes visitar o sitio oficial das xornadas e rexistrarche á lista de correo. Comeza a conta atrás. Esperámosche!