Formación en Terapia Gestalt Teoría e metodoloxía

Título oficial avalado pola AETG (Asociación Española de Terapia Gestalt) e acreditado por FEAP. A formación comprende tres cursos desenvolvidos seguindo o programa de formación acreditado pola FEAP.

A TITULACIÓN EN TERAPIA GESTALT

A formación en terapia Gestalt está composta por un total de 3 cursos máis un curso introductorio de preformación obrigatorio. O ter superado o curso de preformación dará acceso ao comezo do ciclo formativo de tres anos de duración que consta de tres niveles: curso básico, curso superior e curso de supervisión.

A formación podera seguir ampliándose a través dos cursos de post-grao nos que o alumno poderá profundar e especializarse nas áreas elixidas.

Ao longo da formación, en todos os seus niveis, centramos o obxectivo no coñecemento e manexo das ferramentas da Gestalt para a súa aplicación nas diversas áreas nas que se desenvolva a actividade profesional, con especial fincapé no coñecemento e transformación do alumno, que lle facilitará converter a propia neurose nun instrumento de traballo terapéutico a través do manexo da autenticidade e a transparencia.

CURSO PREVIO

Obxectivo: Comprender mediante a experimentación os aspectos e fundamentos da Terapia Gestalt.

Duración: 66 horas. 3 meses.
Horario: Sábados de 10 a 21 h.
Estrutura: 6 Talleres de fin de semana.

Os seis talleres, impartidos por terapeutas Gestalt acreditados, supoñen un achegamento ás técnicas gestálticas desde un enfoque eminentemente experiencial e vivencial.

Este curso supón o paso previo e porta de entrada á Formación en Terapia Gestalt. Nel abórdanse aspectos terapéuticos e didácticos.

CURSO BÁSICO

Obxectivos: Introdución no traballo e as técnicas gestálticas.
Duración: 150 horas en 12 fins de semana.

O Curso Básico é unha inmersión vivencial e experiencial na que se traballan os aspectos fundamentais da Terapia Gestalt como a Escoita, Darse Conta, Polaridades, Mecanismos Neuróticos, Técnicas Gestálticas, Soños, Creatividade…

As achegas teóricas das bases filosóficas da Gestalt, xunto co traballo vivencial en grupo, favorecerán a comprensión, experimentación e integración dos seus principios fundamentais contribuíndo ao desenvolvemento do crecemento persoal e proxección social do alumno/a.

CURSO SUPERIOR

Obxectivo: Profundar na actitude gestáltica e no manexo dos conceptos e técnicas aprendidas no curso anterior.
Duración: 200 horas en 11 fins de semana.

No Curso Superior iniciamos a teoría da práctica terapéutica desenvolvendo temas como Encadre, Primeira Entrevista, Tarefas do Terapeuta e Psicopatología. Neste curso, abórdanse aspectos fundamentais doutras modalidades terapéuticas tales como a Análise Corporal de W. Reich e a Visión da Terapia Sistémica.

CURSO DE SUPERVISIÓN

Obxectivo: Profundar na teoría sobre a práctica terapéutica: Hipótese diagnóstica , Seguimento do proceso, Finalización do proceso.
Duración: 235 horas en 12 fins de semana.

Neste último curso realizaranse prácticas supervisadas individuais e grupales que facilitarán a elaboración do perfil terapéutico do alumno. Inclúense talleres específicos de: Narcisismo, Escenas Temidas, Sexualidade e Relación Terapéutica.

CURSOS DE POSTGRADO

Actualmente contamos con dous cursos de posgrao:
– Clown e Gestalt
– Análise Bio-enerxético de Formación do Carácter

Infórmate sobre próximas convocatorias e forma de acceso.