A historia que nos contamos…

Imagen de cabecera: Beckmann, Max. Antes do baile de máscaras.
Texto: Juanjo Albert.

Contan que un actor identificouse tanto cun famoso personaxe, dunha famosa obra dun famoso autor, durante tanto tempo, que se esqueceu da súa persoa e fíxose a si mesmo como ao seu famoso personaxe, e como tal pretendeu vivir. Contan que toleou, e desde a súa tolemia puido ver a enormidade da tolemia que cometera crendo ser o seu personaxe. Din ademais, que logo continuo representando ao seu personaxe e con máis alma que nunca, e el, como persoa, foi un actor de éxito. O problema, pois, vén ser que nós somos o actor, o personaxe e o autor, que nos inventamos a obra e, encima crémonos famosos. Convertemos a nosa vida, as máis das veces nin sequera en comedia ou traxedia, senón nunha mascarada ridícula, aburrida e chea de sufrimento.

A historia que nos contamos, que tentamos crer e facer crer, sobre nós mesmos, cristaliza nunha estrutura corporal, emocional e intelectual á que chamamos CARACTER, e que pode chegar a converternos nun ríxido personaxe que repite sempre o mesmo papel, e que perde o tempo. O que é, é no momento en que sucede, e se nese momento está o meu personaxe e non eu, perdo o tempo xa que o meu personaxe non existe, debido a que é unha invención; eu tampouco estou, ou estou tan ocupado no traballo de controlar as engrenaxes do personaxe, no mellor dos casos, que non dispoño de atención para nada máis.

Ao final resulta que nada existe, nin o personaxe porque é unha invención, nin eu porque non estou, nin o que son porque ninguén se percibe diso, nin o tempo como consecuencia dunha realidade que tampouco ten posibilidade de existir. Nada. Vaia historia. Perdo o meu non-tempo ao non decatarme do que sucede no momento que é.